Byte (revista)

A revista estadounidense Byte, fundada por Wayne Green, foi unha das máis influentes publicacións sobre ordenadores persoais desde a segunda metade da década de 1970 e a través dos anos 1980, por conta da súa ampla cobertura editorial. Mentres moitas revistas da época se dedicaran á plataforma MS-DOS ou ao Apple Macintosh, principalmente so o punto de vista do usuario corporativo, Byte cubría o desenvolvemento en todo o campo dos «microordenadores e software», e algunhas veces incluía reportaxes en profundidade sobre outros campos da computación, tales como superordenadores e computación de alta fiabilidade.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search